lunes, 24 de noviembre de 2014

Como xa puidestes ver na páxina do cole, para conmemorar que novembro estase a instaurar como mes da ciencia, o día 21 de novembro, os alumnos de 3º e 4º da ESO acodiron a Deputación de Lugo ao obradoiro "Sensores para todos".

Dito obradoiro foi organizado por Igaciencia e nel o que fixeron foi utilizar distintos sensores para obter medidas e a continuación poder establecer distintas leis físicas. Alguns dos experimentos foron: medir as alturas dos membros do grupo, comprobar a conservación do momento angular, determinación do volume de auga que contiña un envase, medida do tempo de reacción auditiva, e tamén o de reacción visual, buscaron os zapatos máis ruidosos do grupo, determinamos quen era o membro do grupo que pulsaba máis rapidamente un sensor nun determinado tempo, descifraron unha mensaxe secreta, observaron o movemento dun péndulo, medimos a temperatura de equilibrio de dous líquidos e outras experiencias moi interesantes.

Espero que aprenderan moito!!!


jueves, 13 de noviembre de 2014

Visita de Sogama

Hoxe os alumnos de primaria e secundaria recibiron a visita de catro representantes de Sogama que viñeron ata o colexio para falarnos sobre como podemos reciclar mellor.

A charla centrouse sobre a idea: " Separemos ben, reciclaremos mellor".

Os alumnos poideron aprender como clasificar e separar mellor os residuos que xeneran antes de levalos ao contedor, de maneira que fagan un mellor emprego deste. 

Tamén nos responderon a dúbidas que tiñamos sobre que materiais deberían ir en cada contedor.

Finalmente os representantes de Sogama entregaron aos alumnos un pequeno recordo para que non esquencéramos que reciclar é un traballo de todos e diario.

Aquí tendes unhas fotos da actividade





miércoles, 12 de noviembre de 2014

VISITA A UNHA EMPRESA: CAFÉS AS CANDELAS




         O pasado venres día 7 de novembro, os alumnos de 2º de ESO, acompañados pola súa titora e a súa profesora de EpC, visitaron a empresa "Cafés As Candelas". 

Esta actividade está dentro do Programa Atrévete que está no marco do Plan Eduemprende. Esta acción establécese dentro dun ámbito de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e diferentes asociacións empresariais. 

           Ten como obxectivo dar a coñecer ao alumnado directamente e a través do profesorado o tecido industrial da súa contorna, en concreto as empresas das diferentes asociacións empresariais colaboradoras, e sensibilizar á comunidade educativa da importancia de construír e fomentar unha nova cultura emprendedora.

           A primeira parada foi na sede da Asociación de Empresarios de Lugo no Polígono do CEAO e dende alí trasladámonos á empresa.   





jueves, 6 de noviembre de 2014

EXPERIMENTO CAÍDA LIBRE  

Despois de ver en Cinemática a caída libre de corpos e observar que chegarían a mesma velocidade e ao mesmo tempo sin ter en conta a súa masa, posto que "g" sería a prácticamente a mesma para todos eles. Agora que empezamos o tema de forzas veremos ademáis que en ausencia de rozamento esto queda perfectamente claro. Para elo deixovos un video dunha experiencia que vos explican esto e ademáis comentaremos na clase, no seguinte enlace.


miércoles, 5 de noviembre de 2014

MAGOSTO 2014 EN AS INSUAS



O DÍA 30 DE OUTUBRO CELEBRAMOS A FESTA DO MAGOSTO NO PARQUE DAS INSUAS. FOI UNHA BONITA VELADA NA QUE OS RAPACES E RAPAZAS DE ESO O PASARON FENOMENAL. PROBA DE ELO AQUÍ TEDES AS FOTOS DE ESE DÍA: