viernes, 31 de enero de 2014

Provincias de España

Aquí vos deixo uns enlaces para que poidades repasar as provincias de España:

Puzzle fácil

Puzzle normal

Como se chama? 

Onde está?


Sería bo que comentásedes si vos foron de utilidade!

martes, 28 de enero de 2014

Grupos de traballo de Tecnoloxía 2º ESO

Compoñentes grupos
Fotos grupos

Práctica "Sombras e vistas"

A práctica consistiu na construcción dun cubo no que colocamos diferentes obxetos iluminándoos posteriormente para proxectar as suas sombras e poder ver as vistas ortogonais de ditas figuras:alzado, perfil e pranta. Os materiais que se usaron foron madeira e papel vexetal e as ferramentas regras, serras,sarxentos e pistolas con pegamento termofusible. Neste proxecto puxéronse en práctica os coñecementos teóricos acadados nas primeiras unidades da materia:
  • O proceso tecnolóxico :seguindo as fases do proceso tecnolóxico.
  • Debuxo :observando as vistas de diferentes figuras.
  • Materiais e madeira :traballando coa madeira usando as ferramentas axeitadas.
O resultado foi o seguinte,



lunes, 20 de enero de 2014

DOMINIOS DE FUNCIÓNS

 DOMINIOS DE FUNCIÓNS


Nas derradeiras clases estivemos traballando sobre os dominios de funcións en R en dúas dimensións.
Xa sabedes o significado do dominio e a súa repercusión nas gráficas das funcións; onde non hai dominio, non hai gráfica.
Para observar o dito anteriormente podemos representar gráficas no plano mediante o seguinte enlace e así corroborar si é acertado o dominio da función que consideredes.