sábado, 17 de septiembre de 2016

PRIMEIRO DIA DO CURSO 2016-2017!

BENVIDOS AO PRIMEIRO DIA DO CURSO 2016-2017.

Hoxe, xoves día 15 de setembro de 2016, arranca o novo curso escolar. Para elo, nada mellor que inmortalizar ese momento cunha actividade divertida: "Un photocall" moi roqueiro:
    1º  ESO
                                                                    2º ESO

   3º ESO
                                                                    4º ESO


domingo, 17 de abril de 2016

RALLY DE CIENCIAS E MATEMÁTICAS SEN FRONTEIRAS 2016


Concurso organizado pola Institución Galega de Ciencia (Igaciencia)
Poden participar alumnos dos 4 cursos de Matemáticas da ESO e de cuarto de Ciencias.
No noso caso participou un grupo de 8 alumnos de 3º da ESO no apartado de Matemáticas
O 15 de marzo de 2016, día da primeira proba, às 16 horas preparamos unha aula cun ordenador con conexión á wifi do centro ou á Internet do centro.
Recibida a proba, os alumnos poñen as solucións nunha páxina web de Igaciencia, con algunhas explicacións dos pasos que seguiron.
Corrixidas as probas, en poucos dias se convocarán aos tres primeiros grupos (Nesta fase clasificámonos para a final galega) de cada concurso a Santiago, realizadas as probas e corrixidas pola organización e o profesorado participante, se declararán os gañadores.(8 de abril) Ese mesmo día faise a entrega de premios. (Nesta fase final galega, quedamos Subcampeóns da fase autonómica no apartado de Matemáticas de 3º da ESO)




                                                                                                                      

lunes, 1 de febrero de 2016

Charla de Física Atómica e Nuclear

De novo dentro do programa "A ponte entre o Ensino Medio e a USC" e despois de xa ter realizado uhna charla sobre Relatividade e Gravitación, organizouse o venres 23 de xaneiro,  para os cursos de 3º e 4º da ESO, unha charla temática sobre os constituintes básicos da matéria: os átomos e os núcleos atómicos co suxerente título de "Dende o corazón da materia ó interior das estrelas".

Para esta charla contamos coa presenza de Hector Álvarez Pol, profesor do Departamento de Física de Partículas da Universidade de Santiago de Compostela, que dunha maneira moi asequible contounos os segredos dos átomos e dos núcleos dos mesmos, dende como é a súa estrutura ata como se formaron no interior das estrelas todos os elementos que coñecemos. Tamén nos contou as aplicacións da Física nuclear así cómo as liñas de investigación sobre este tema na USC.

Agradecerlle a Hector a súa dispoñibilidade e amabilidade que mostrou na súa visita ó Centro.