martes, 3 de diciembre de 2013

Visita a Ferrol 1º e 2º ESO

O día vinteoito de novembro, os alumnos de 1º e 2º de ESO realizaron unha viaxe cultural a Ferrol.

A primeira parada que fixemos foi na regasificadora Reganosa, onde en primeiro lugar tiveron unha charla onde lles explicaron o traballo desta planta que almacena e transforma gas natural licuado (GNL).



A continuación fixemos unha visita polos exteriores da planta onde nos foron explicando os diferentes usos dos elementos que a compoñen e os procesos que se seguen neles.

Despois desta visita desprazámonos ao Museo Naval de Ferrol. Alí dividíronnos en dous grupos con un guía cada un que nos explicaron entre outras cousas que o Museo Naval de Ferrol foi inaugurado o 5 de marzo de 1986. Está ubicado dentro da base Naval de Ferrol, no antigo Cuartel de Presidiarios. Entre os modelos conservados nas súas salas sobresae o da fragata Santa María Magdalena, de 34 canóns, botada en 1773 en Ferrol. O museo conserva máis de cen pezas de artillería.



Dirixímonos, a continuación, á xantar nun centro comercial.

Logo de descansar un rato trasladámonos o centro de Ferrol onde fixemos unha actividade que consistía en, divididos en grupos, facerse unha fotografía nalgún lugar destacado de Ferrol (praza, monumento, edificio…) e que alguén da propia cidade lles explicase a historia do mesmo. 

Foi un día moi entretido onde o pasamos xenial!!!

Se queredes coñecer máis sobre o Museo Naval ou Reganosa premede nos enlaces que tendes a continuación que vos levarán as súas propias páxinas!





martes, 26 de noviembre de 2013


Onte celebramos o Día Internacional contra a violencia de xénero.                                                                                                                                  

Os alumnos de ESO conmemoraron este día a través da expresión plástica e axudados pola súa creatividade.
Distribuídos por grupos, fixeron murais alusivos ao tema, para adornar os corredores e máis tarde participar no concurso que, como cada ano promove o Concello de Sarria.
Non poderemos mostrar as fotos ata que os murais sexan entregados para a fase de concurso, xa que non debemos dar pistas aos nosos contrincantes.

      Moi bo traballo e moita participación. Noraboa a todos!

25 de Novembro Día en contra da violencia de xénero

lunes, 25 de noviembre de 2013

Test Europa feudal

Para os alumnos que estades a preparar o exame sobre a Idade Media, este test pódevos axudar a repasar, a resolver dúbidas ou a que xurdan dúbidas para aclarar na clase. 

 Sería interesante que comentarades si este test vos foi útil para repasar o tema. 

 Premede no enlace seguinte para poder comezar o test.

 3º ESO  Hoxe na clase falamos da acción mecánica de respirar, na que interveñen músculos como o diafragama, e tamén como unha paralización do mesmo pode ter tráxicas consecuencias. Comentamos que os venenos dalgunhas serpes podían actuar cunha paralización muscular, outros podían provocar hemorraxias internas e outros tiñan un caracter coagulante. entre os primeiros están os dos kraits, unhas serpes asiáticas.  As mordeduras dos Kraits soen producir unha reacción inicial escasa con apenas mostras locais de irritación. Pero ao cabo media hora ou menos despois da mordedura comenzan os síntomas que poden acabar dun xeito fatal: dolor, hinchazón, hipotensión, calambres, espasmos, problemas de deglución, visión borrosae finalmente paro respiratorio por parálisis do diafragma  

viernes, 22 de noviembre de 2013

Como xa vos comentei o luns 25 de novembro será visible no ceo de Sarria o paso da Estación Espacial Internacional (ISS)

A ISS a veremos nesta ocasión como un punto bastante brilante (cómo por exemplo Venus) que se desplazará na dirección WNW cara o SE ademáis o seu paso será case polo zenit, e decir, parará case pola vertical.

A hora de inicio do seu paso será as   08 h 04 m 37 seg

A máxima intensidade será as             08 h 07 m 54 seg

A finalización                                     08 h 11 m 54 seg


A ver si hai sorte e está despexado, así antes de vir ao colexio poderemos observar o seu paso (e saudar aos 6 astronautas que van nela)






jueves, 21 de noviembre de 2013

Hoxe fíxose entrega dos premios do I Concurso de Microrrelatos Escritos "Xirafa Rafa".
Déronse tres accesits: á portada máis creativa, ao título máis orixinal, ao relato máis inxenioso e un primeiro premio á mellor obra.












Este concurso valora a creatividade literaria e tamén a gráfica.
Desexamos que os nosos alumnos participen nos vindeiros anos con igual interese e orixinalidade. 

miércoles, 20 de noviembre de 2013

Instrumentos meteorolóxicos

Se premedes na imaxe podedes ver a páxina que empregamos esta mañá para repasar o apartado dos instrumentos meteorolóxicos.

Pertence a Axencia Española de Meteoroloxía, e como vistes é moi interesante.

Non deixedes de visitar a sección curiosidades!!!


 Xogo educativo AEMET


martes, 22 de octubre de 2013

jueves, 17 de octubre de 2013

Comezamos!!!

Dentro duns días comezarán a aparecer no noso novo blog da ESO diferentes recursos das diversas materias que cursades.



Benvidos a todos!!!