Como xa puidestes ver na páxina do cole, para conmemorar que novembro estase a instaurar como mes da ciencia, o día 21 de novembro, os alumnos de 3º e 4º da ESO acodiron a Deputación de Lugo ao obradoiro "Sensores para todos".

Dito obradoiro foi organizado por Igaciencia e nel o que fixeron foi utilizar distintos sensores para obter medidas e a continuación poder establecer distintas leis físicas. Alguns dos experimentos foron: medir as alturas dos membros do grupo, comprobar a conservación do momento angular, determinación do volume de auga que contiña un envase, medida do tempo de reacción auditiva, e tamén o de reacción visual, buscaron os zapatos máis ruidosos do grupo, determinamos quen era o membro do grupo que pulsaba máis rapidamente un sensor nun determinado tempo, descifraron unha mensaxe secreta, observaron o movemento dun péndulo, medimos a temperatura de equilibrio de dous líquidos e outras experiencias moi interesantes.

Espero que aprenderan moito!!!


Comentarios

Publicar un comentario