viernes, 30 de mayo de 2014

VISITA AO CONCELLO DE SARRIA


Os alumnos de 2º de ESO, asistiron ao pleno do Concello de Sarria, como complemento á unidade didáctica adicada ao estudo da democracia, dentro da programación da materia de Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos. Os alumnos estiveron dúas horas vendo e escoitando o que a corporación municipal debatíu neste pleno do mes de maio.
Foi unha visita moi interesante, da que damos conta coas seguintes imaxes.




jueves, 22 de mayo de 2014


FESTA DOS MAIOS: EXALTACIÓN DA NATUREZA

        A Festa dos maios é a festa da primaveira, ben sexa da súa chegada, ben do seu trunfo. Siñifica o reverdecer das prantas, o comezo do ano agrícola, a ledicia de ver erguerse o sol por riba do hourizonte e coller altura e forza. 
                                                                                                                                                (Vicente Risco)

     Os alumnos de ESO, xunto co resto de nenos de EI,  EP e profesorado participaron na celebración da "Festa dos Maios".

     Ao longo de varios días, e baixo a batuta da profesora de música Berta, prepararon as cantigas que todo o colexio cantou ou tarareou, adornados con follas e flores de moi variadas cores. Salientar a orixinalidade de moitos dos adornos florais cos que familias e alumnos amosaron a súa creatividade.

     Felicitamos aos alumnos que puxeron a música coas súas gaitas, panderetas e pandeiro pola súa actuación, así como ás cativas e rapazas que bailaron unha danza tradicional, trenzando cintas de cores arredor dun pau de madeira sostido por unha alumna de 2º de ESO.

      Agradecemos tamén a presenza das familias e a súa participación na festa!












miércoles, 7 de mayo de 2014

martes, 6 de mayo de 2014

viernes, 2 de mayo de 2014

Perigos da rede

Para que vexades que o que vos dicimos e recomendamos non é sempre para fastidiarvos, senón que é para o voso ben, deixovos un enlace para que esteades alerta co que pode acarrear unha acción do máis inocente e que seguramente todos fariamos algunha vez.

Sede responsables en todolos ámbitos pero na rede especialmente.

Para ver o enlace preme aquí.