lunes, 8 de diciembre de 2014

CIM: VIOLENCIA XÉNERO

                 O Centro de Información á Muller, como cada ano, convoca un concurso  de Lemas ilustrados contra a violencia de xénero, para conmemorar o Día Internacional contra a violencia cara ás mulleres.
                 Este ano o concurso solo vai dirixido aos alumnos de 3º e 4º de ESO, que foron os que recibiron a formación por parte dunha traballadora do CIM en días anteriores.



OS ALUMNOS DE 2º DE ESO FIXERON UNHA LAZADA XIGANTE CON TAPÓNS DE COR VIOLETA. QUEDOULLES MOI CHULA!




lunes, 24 de noviembre de 2014

Como xa puidestes ver na páxina do cole, para conmemorar que novembro estase a instaurar como mes da ciencia, o día 21 de novembro, os alumnos de 3º e 4º da ESO acodiron a Deputación de Lugo ao obradoiro "Sensores para todos".

Dito obradoiro foi organizado por Igaciencia e nel o que fixeron foi utilizar distintos sensores para obter medidas e a continuación poder establecer distintas leis físicas. Alguns dos experimentos foron: medir as alturas dos membros do grupo, comprobar a conservación do momento angular, determinación do volume de auga que contiña un envase, medida do tempo de reacción auditiva, e tamén o de reacción visual, buscaron os zapatos máis ruidosos do grupo, determinamos quen era o membro do grupo que pulsaba máis rapidamente un sensor nun determinado tempo, descifraron unha mensaxe secreta, observaron o movemento dun péndulo, medimos a temperatura de equilibrio de dous líquidos e outras experiencias moi interesantes.

Espero que aprenderan moito!!!


jueves, 13 de noviembre de 2014

Visita de Sogama

Hoxe os alumnos de primaria e secundaria recibiron a visita de catro representantes de Sogama que viñeron ata o colexio para falarnos sobre como podemos reciclar mellor.

A charla centrouse sobre a idea: " Separemos ben, reciclaremos mellor".

Os alumnos poideron aprender como clasificar e separar mellor os residuos que xeneran antes de levalos ao contedor, de maneira que fagan un mellor emprego deste. 

Tamén nos responderon a dúbidas que tiñamos sobre que materiais deberían ir en cada contedor.

Finalmente os representantes de Sogama entregaron aos alumnos un pequeno recordo para que non esquencéramos que reciclar é un traballo de todos e diario.

Aquí tendes unhas fotos da actividade





miércoles, 12 de noviembre de 2014

VISITA A UNHA EMPRESA: CAFÉS AS CANDELAS




         O pasado venres día 7 de novembro, os alumnos de 2º de ESO, acompañados pola súa titora e a súa profesora de EpC, visitaron a empresa "Cafés As Candelas". 

Esta actividade está dentro do Programa Atrévete que está no marco do Plan Eduemprende. Esta acción establécese dentro dun ámbito de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e diferentes asociacións empresariais. 

           Ten como obxectivo dar a coñecer ao alumnado directamente e a través do profesorado o tecido industrial da súa contorna, en concreto as empresas das diferentes asociacións empresariais colaboradoras, e sensibilizar á comunidade educativa da importancia de construír e fomentar unha nova cultura emprendedora.

           A primeira parada foi na sede da Asociación de Empresarios de Lugo no Polígono do CEAO e dende alí trasladámonos á empresa.   





jueves, 6 de noviembre de 2014

EXPERIMENTO CAÍDA LIBRE  

Despois de ver en Cinemática a caída libre de corpos e observar que chegarían a mesma velocidade e ao mesmo tempo sin ter en conta a súa masa, posto que "g" sería a prácticamente a mesma para todos eles. Agora que empezamos o tema de forzas veremos ademáis que en ausencia de rozamento esto queda perfectamente claro. Para elo deixovos un video dunha experiencia que vos explican esto e ademáis comentaremos na clase, no seguinte enlace.


miércoles, 5 de noviembre de 2014

MAGOSTO 2014 EN AS INSUAS



O DÍA 30 DE OUTUBRO CELEBRAMOS A FESTA DO MAGOSTO NO PARQUE DAS INSUAS. FOI UNHA BONITA VELADA NA QUE OS RAPACES E RAPAZAS DE ESO O PASARON FENOMENAL. PROBA DE ELO AQUÍ TEDES AS FOTOS DE ESE DÍA:













viernes, 24 de octubre de 2014

24 de OUTUBRO 2014 : RAFA CUMPRE 6 ANOS


 Hoxe no noso centro celebramos o día das Bibliotecas, cada etapa fixo distintas actividades. 

Na nosa etapa: ESO, fixemos a lectura do pregón adicado a Ana Mª Matute e seguimos co Concurso de microrelatos.


  En 2014, celebramos o II Certame de Microrelatos para conmemorar tamén o 6º cumpreanos da nosa mascota da Biblioteca, Rafa a xirafa.




                                                      

jueves, 23 de octubre de 2014

Fun in English

Hoxe as alumnas e alumnos de ESO levaron a cabo unha actividade moi divertida na clase de inglés coa auxiliar de conversa para aprender vocabulario, aproveitando que estamos preto de Halloween. Tiñan que apalpar para adiviñar o que había dentro do saco e daba medo...

Mirade que caras!!!!!!







domingo, 19 de octubre de 2014

jueves, 9 de octubre de 2014

Guerra de Sucesión

Deixovos un vídeo sobre a Guerra de Sucesión, no que se comenta a división producida a nivel nacional (guerra civil) e internacional (potencias que apoian a un ou outro bando), entre os defensores do archiduque Carlos (familia dos Austrias) e o que será o futuro rei, Felipe V (dinastía Borbón). En este vídeo son moi boas as imaxes ambientadas na época.



jueves, 2 de octubre de 2014

Juntos dejamos huella

Para empezar el curso pisando fuerte nada mejor que escuchar la canción del lema de este año.

Buen curso a todos!!!



martes, 30 de septiembre de 2014

AS CORES DO OUTONO

É doado desfrutar do outono. Un tempo de cores intensas. 








Tempo de colleita e de traballar xuntos para que cando o verán veña teñamos os froitos desexados.


Bo curso a todos!!!!!

lunes, 29 de septiembre de 2014

O OUTONO CHEGOU



O outono chegou ao noso colexio. Os rapaces de ESO recolleron distintos froitos de outono para decorar os nosos corredores.



Mirade que bonito queda 




jueves, 18 de septiembre de 2014

Circuitos eléctricos 4º ESO

Premendo na seguinte imaxe podedes acceder a un test para que repasedes os circuitos eléctricos que vimos na clase.

Espero que vos resulte útil!!!


lunes, 15 de septiembre de 2014

PRIMEIRO DÍA DE CLASE NA ESO

Hoxe, día 15 de setembro, comezamos o curso 2014-2015 na ESO. Os alumnos chegaron coas súas mochilas cargadas de libros pero tamén de moita ilusión.



As cadeiras xa están ocupadas!
  No 3º andar do colexio xa hai vida!

                                               

Os benxamíns chegan con moita expectación


Os de 2º xa moi confiados pero sabendo que teñen un reto por diante


Os alumnos de terceiro xa cruzaron o ecuador, a súa meta cada vez máis preto

Último ano no centro. Sprint final! Ánimo rapaces!