jueves, 10 de diciembre de 2015

Charla sobre Relatividade e Gravitación


Charla sobre Relatividade e Gravitación



O dia 4 de decembro, dentro do programa "A ponte entre o ensino Medio e a USC", realizouse para o alumnado de 4º da ESO unha charla sobre Relatividade e Gravitación,  aproveitando o centenario da exposición da Teoría da Relatividade por parte de Albert Einstein.

Para elo contamos coa presenza de Javier Mas Solé, profesor do departamento de Física de Partículas da Universidade de Santiago de Compostela, que comentou os inicios da vida de Einstein e tamén explicou dunha maneira moi clara e amena as bases da Teoría da Relatividade. 

Os alumnos e alumnas mostraronse moi atentos, facendo interesantes preguntas ó final da charla. Así mesmo agradecemos a Javier Mas a súa dispoñibilidade e simpatía na visita que nos fixo ó Centro.

lunes, 30 de noviembre de 2015

Visita de 3º e 4º de ESO a Serra do Courel

Os alumnos de 3º e 4º de ESO acompañados dos seus titores visitaron distintos lugares de interese científico e natural da Serra do Courel. Aquí tendes algunhas fotos.

Museo Etnográfico de Quiroga

Serra do Courel

Serra do Courel

Serra do Courel

Devesa da Rogueira

Fonte do Cervo

Devesa da Rogueira

Devesa da Rogueira

O Courel dende a Devesa da Rogueira

Fervenza de Vieiros

Fervenza de Vieiros

Fervenza de Vieiros

martes, 17 de noviembre de 2015

Día do Peón

Onte celebramos o día do Peón no noso centro.

Os alumnos de secundaria tamén demostramos o ben que se nos daba o arte de bailar a peonza.

Eiquí tendes as probas.


sábado, 24 de octubre de 2015

Día das Bibliotecas


24 de outubro

Día das Bibliotecas


Preme na imaxe inferior para coñecer máis información sobor deste día.


martes, 15 de septiembre de 2015

jueves, 25 de junio de 2015

miércoles, 20 de mayo de 2015

Premendo na imaxe poderedes acceder a unhas actividades interactivas para repasar os artrópodos. Espero que vos resulten de utilidade.


miércoles, 13 de mayo de 2015

Convivencia 3º e 4º da ESO

Hoxe mércores os alumnos de 3º e 4º da ESO fixeron unha convivencia en Lóuzara. Aquí vos deixamos unhas fotos nas que podedes ver algunhas das cousas que fixemos durante a xornada.














´


miércoles, 6 de mayo de 2015

miércoles, 29 de abril de 2015

XOGO XIGANTE SOGAMA

Baixo o título "Un partido polo planeta", o xogo xigante de Sogama,       aterrizou no noso centro e permanecerá nel ata o 14 de maio. 
   Este ano será a ESO quen xogue "un partido polo Planeta".

•Con este instrumento divulgativo, Sogama pretende por de relieve o grave problema que, a día de hoxe, representa a elevada produción de residuos, promovendo a redución dos mismos, a reutilización e o reciclaxe.

•O xogo reproduce un campo de fútbol no que os equipos deben avanzar hacia a portería contraria a fin de marcar gol. Éste será posible si son capaces de superar unha serie de probas de coñecementos e habilidades.

Ímolo pasar moi ben!!

sábado, 14 de marzo de 2015

Os alumnos de 4 da ESO acompañados do seu profesor de Bioloxía, foron este venres 13 de marzo a remover o compost. Parece que xa vai por bo camiño.


martes, 10 de marzo de 2015

DÍA DA FUNDADORA

Para celebrar o día da fundadora os alumnos de ESO decoramos o noso corredor. Gozade destas fotos 



sábado, 7 de marzo de 2015

VISITAMOS OS INSTITUTOS DA ZONA

Nestas últimas semanas, os alumnos de 4º de ESO, visitaron os dous institutos da zona; o IES Gregorio Fernández e o IES Xpograr Afonso Gómez.
Nos dous centros déronlles información a cerca da oferta educativa e mostráronlles as instalacións.
Foron unhas visitas moi instructivas e os nosos alumnos quedaron satisfeitos de pasar unha velada en contacto co que será o seu futuro próximo.
O prazo para a entrega dos impresos de preinscripción remata o día 23 de marzo.

8 DE MARZO - DIA DA MULLER TRABALLADORA

 O venres 6 de marzo, os alumnos de ESO, fixeron un pequeno homenaxe ás mulleres que ao longo da historia tiveron que loitar para facerse un oco na sociedade. Para elo, buscaron nomes de mulleres de todos os ámbitos profesionais: científicas, deportistas, directoras de cine, pintoras, actrices, concejalas, presidentas de goberno, alcaldesas, cantantes... Cos nomes, foron adornando os corredores con tarxetas de cor rosa.