viernes, 27 de febrero de 2015

VISITA A SOGAMA

Os alumnos de 3º e 4º de ESO, acompañados dos titores e o director visitaron as instalacións de Sogama en Cerceda. 

Neste centro poidemos percorrer as instalacións industriais da empresa. Previamente asistimos a unha charla sobre separación de residuos e a importancia de aprender a reducir, reciclar e reutilizar correctamente.

Esta actividade forma parte da participación do centro no programa educativo de Sogama ao longo de todo o curso. 





A ESO COA RECICLAXE

Na ESO seguimos colaborando todas as semanas no Programa "Recíclate con Sogama", facendo todo tipo de actividades para contribuir á reciclaxe e reutilización de todo tipo de materiais de refugallo.
Nesta ocasión, mentres os nosos alumnos de 3º e 4º de ESO no día de onte, foron visitar as instalacións da empresa Sogama en Cerceda, os seus compañeiros de 1º e 2º, quedaron no colexio e na sesión de titoría adicáronse a coser. Si, si, cos retais sobrantes dos obradoiros de confección de disfraces, fixeron bonitos cadrados de 15x15 para, uníndoos todos, facer ao final unha gran colcha.

jueves, 19 de febrero de 2015

Neumática

Para ver como funcionan algúns dos elementos neumáticos estudados na clase premede na imaxe.


sábado, 14 de febrero de 2015

Entroido

Moitas grazas a todos por participar tan ben na semana de Carnaval!

Os mecos están moi contentos coa colaboración tanto de alumnos coma de profesores!

Fixestes un bo traballo e estabades todos...GUAPÍSIMOS!!!



martes, 10 de febrero de 2015

Estructura triangular de papel



Aplicando os coñecementos acadados na unidade 5 " Estructuras" , construimos unha estructura triangular usando tubos feitos con papel de periódico,ademáis aplicáronse os coñecementos xa obtidos en unidades anteriores , coma o traballo con papel , debuxo e o uso das ferramentas axeitadas para os materiais empregados.
    

Fotos da elaboración da práctica

Video comprobación resistencia estructura

lunes, 9 de febrero de 2015

E mañá...

Os alumnos de 4º da ESO e o seu titor superaron a primeira proba...farano igual de ben para o día de mañá?.

A que grupo irán vixiar os Mecos???.

Lembrade....


E... como foi o luns?

Os alumnos de 4º da ESO, temendo as iras dos Mecos, acataron moi ben o mandado encomendado para este luns...seguirán igual de ben o resto da semana???.




sábado, 7 de febrero de 2015

Entroido

Lembrade o que nos dixeron os mecos para o luns....non vaia ser que se molesten se non lles facemos caso...



miércoles, 4 de febrero de 2015