miércoles, 23 de abril de 2014

23 de abril "Día do libro"

Hoxe celebramos o Día do libro.


Algunha vez vos preguntasteis que sería de nós sen libros? Pensádeo, os libros son fontes de aventuras, de sabiduría, de transmisión de coñecementos... Se non existisen teríamos que inventalos!

Añadir leyenda
Para conmemorar este día lles pedimos a os nosos alumnos de ESO que cubriran unha imaxe dun libro sen titulo ni autor co título e o autor que eles elexiran, e con todos os libriños decoramos os nosos corredores, e ao mesmo tempo, damos a coñecer unha morea de libros interesantes.


Portadas de libriños decoradas polos nosos alumnos con títulos e autores



                   Os alumnos de 4º de ESO compartiron os libros que están lendo no tempo de lectura libre que fan na clase.


                 Outra actividade, dentro da hora semanal de titoría grupal foi o Concurso de emparellar libros moi coñecidos de todos os tempos cos seus autores/autoras.

lunes, 21 de abril de 2014

Convivencia 1º e 2º ESO

Os alumnos de 1º e 2º da ESO tiveron un día de convivencia xunto a tres dos seus profesores no Priorato de Lóuzara.
Desfrutaron moito da xornada e aprenderon cousas novas tanto deles mesmos como do resto dos compañeiros.
Podedes ver como o pasaron premendo aquí.


martes, 8 de abril de 2014

Os aztecas

Os alumnos de 2º da ESO estiveron investigando e traballando na clase de historia sobre os aztecas.

Podedes ver o seu traballo e os resultados premendo aquí.

jueves, 3 de abril de 2014

Dias de cine

Hoxe os alumnos de 3º da ESO desfrutaron dun "Día de cine". 

Tentarase repetir esta experiencia xa que os alumnos desfrutaron moito. Ademais esperamos que se vaian sumando máis alumnos ás actividades do noso clube.

Ahí vos queda unha imaxe da "preparación" para o visionado da película!




miércoles, 2 de abril de 2014

Clube de cine

Imos comezar coas actividades do "Clube de cine". 

Este clube de momento non ten nin nome nin "mascota", pero irémolos escollendo nos vindeiros días. Polo que polo de agora chamarémolo "Días de cine".

A primeira das actividades realizarémola este venres e consistirá en acodir cos alumnos de 3º de ESO ao cine no Centro Comercial da Termas en Lugo. A película elexida polos alumnos nesta ocasión é "8 apellidos vascos" del director Emilio Martínez Lázaro. Neste enlace podedes ver a web oficial da película.

Estas primeiras actividades están programadas para os alumnos de 3º e 4º da ESO pero nesta ocasión sólo asisten os de 3º por estar os de 4º de viaxe de estudos. Máis adiante iránse ampliando ao resto dos alumnos.

Espero que desfrutedes das actividades do clube!!!