VISITA A UNHA EMPRESA: CAFÉS AS CANDELAS




         O pasado venres día 7 de novembro, os alumnos de 2º de ESO, acompañados pola súa titora e a súa profesora de EpC, visitaron a empresa "Cafés As Candelas". 

Esta actividade está dentro do Programa Atrévete que está no marco do Plan Eduemprende. Esta acción establécese dentro dun ámbito de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e diferentes asociacións empresariais. 

           Ten como obxectivo dar a coñecer ao alumnado directamente e a través do profesorado o tecido industrial da súa contorna, en concreto as empresas das diferentes asociacións empresariais colaboradoras, e sensibilizar á comunidade educativa da importancia de construír e fomentar unha nova cultura emprendedora.

           A primeira parada foi na sede da Asociación de Empresarios de Lugo no Polígono do CEAO e dende alí trasladámonos á empresa.   





Comentarios