sábado, 28 de enero de 2017

PREPARANDO O DIA DA PAZ




O pasado xoves, día 26 de xaneiro, fixemos en ESO unha sesión de titoría grupal enfocada á preparación do día da PAZ.
Os alumnos, despois de ver un video relacionado con esta celebración, completaron un mural con frases de PAZ e NON VIOLENCIA. 
O mural quedou colocado no corredor de ESO, para que todos os alumnos 
podan pasar un ratiño lendo o que cada grupo escribíu nel.


"Non existe o camiño da paz.
A paz é o camiño"


"Fai de cada día algo millor"


jueves, 19 de enero de 2017

VISITA DUN MILITAR


          O día 18 de xaneiro de 2017, acudiu ao noso centro o Brigada do exército do aire Carlos Rodríguez Cabada, pertencente ao Ministerio de Defensa, subdelegación de defensa de Lugo, coa finalidade de ofrecer aos alumnos de 4º de ESO unha charla a cerca das Forzas Armadas Españolas, baixo o título “Polo teu futuro, polo de todos”.

           O conferenciante faloulles das distintas formas de acceso á carreira militar, así como das misións que leva a cabo o exército, tanto de terra, como de mar e o de aire. Tamén os informou das misións,  non só en territorio español, senón tamén nos espazos  internacionais (misións de paz en conflitos bélicos internacionais, defensa de territorios e poboación civil…)

         Estas charlas están englobadas dentro da orientación académica e profesional que dende o centro ofrecemos aos nosos alumnos de Educación Secundaria Obrigatoria.

           Os alumnos amosaron moito interese e plantexaron unha serie de cuestións de aspectos que, do tema tratado, descoñecían.