sábado, 14 de marzo de 2015

Os alumnos de 4 da ESO acompañados do seu profesor de Bioloxía, foron este venres 13 de marzo a remover o compost. Parece que xa vai por bo camiño.


martes, 10 de marzo de 2015

DÍA DA FUNDADORA

Para celebrar o día da fundadora os alumnos de ESO decoramos o noso corredor. Gozade destas fotos 



sábado, 7 de marzo de 2015

VISITAMOS OS INSTITUTOS DA ZONA

Nestas últimas semanas, os alumnos de 4º de ESO, visitaron os dous institutos da zona; o IES Gregorio Fernández e o IES Xpograr Afonso Gómez.
Nos dous centros déronlles información a cerca da oferta educativa e mostráronlles as instalacións.
Foron unhas visitas moi instructivas e os nosos alumnos quedaron satisfeitos de pasar unha velada en contacto co que será o seu futuro próximo.
O prazo para a entrega dos impresos de preinscripción remata o día 23 de marzo.

8 DE MARZO - DIA DA MULLER TRABALLADORA

 O venres 6 de marzo, os alumnos de ESO, fixeron un pequeno homenaxe ás mulleres que ao longo da historia tiveron que loitar para facerse un oco na sociedade. Para elo, buscaron nomes de mulleres de todos os ámbitos profesionais: científicas, deportistas, directoras de cine, pintoras, actrices, concejalas, presidentas de goberno, alcaldesas, cantantes... Cos nomes, foron adornando os corredores con tarxetas de cor rosa.

           

lunes, 2 de marzo de 2015

BELEZA NATURAL

Unha boa opción para o tempo de lecer é un paseo pola natureza. 
Aínda que en primavera ou verán apetece gozar máis do campo, tamén no outono ou inverno podemos admirar a beleza da nosa contorna. Aquí tendes un bo exemplo. Son fotos de este fin de semana nas beiras do río Sarria, río arriba da vila. Foron feitas nas Aceas e na Ribela. 
Disfrutade das fotos e animádevos a coñecer estos sitios de Sarria tan fermosos.