A ESO COA RECICLAXE

Na ESO seguimos colaborando todas as semanas no Programa "Recíclate con Sogama", facendo todo tipo de actividades para contribuir á reciclaxe e reutilización de todo tipo de materiais de refugallo.
Nesta ocasión, mentres os nosos alumnos de 3º e 4º de ESO no día de onte, foron visitar as instalacións da empresa Sogama en Cerceda, os seus compañeiros de 1º e 2º, quedaron no colexio e na sesión de titoría adicáronse a coser. Si, si, cos retais sobrantes dos obradoiros de confección de disfraces, fixeron bonitos cadrados de 15x15 para, uníndoos todos, facer ao final unha gran colcha.

Comentarios

  1. Bo exemplo de reutilizar para poder reducir e non ter que reciclar. Creativo, ecolóxico e útil

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Tamén de coeducación, unha satisfacción a actitud dos rapaces e rapazas ante esta actividade

      Eliminar

Publicar un comentario