FESTA DOS MAIOS: EXALTACIÓN DA NATUREZA

        A Festa dos maios é a festa da primaveira, ben sexa da súa chegada, ben do seu trunfo. Siñifica o reverdecer das prantas, o comezo do ano agrícola, a ledicia de ver erguerse o sol por riba do hourizonte e coller altura e forza. 
                                                                                                                                                (Vicente Risco)

     Os alumnos de ESO, xunto co resto de nenos de EI,  EP e profesorado participaron na celebración da "Festa dos Maios".

     Ao longo de varios días, e baixo a batuta da profesora de música Berta, prepararon as cantigas que todo o colexio cantou ou tarareou, adornados con follas e flores de moi variadas cores. Salientar a orixinalidade de moitos dos adornos florais cos que familias e alumnos amosaron a súa creatividade.

     Felicitamos aos alumnos que puxeron a música coas súas gaitas, panderetas e pandeiro pola súa actuación, así como ás cativas e rapazas que bailaron unha danza tradicional, trenzando cintas de cores arredor dun pau de madeira sostido por unha alumna de 2º de ESO.

      Agradecemos tamén a presenza das familias e a súa participación na festa!












Comentarios