Bioloxía 1º ESO. As funcións vitais nos animais.


Bos días a todos!

Como xa temos feito o exame do tema anterior e parece que aínda estaremos uns días sen vernos, comezamos co seguinte tema de Bioloxía. Non vos preocupedes que cando nos voltemos ver repasaremos todo o que vaiamos vendo estes días.

Para comezar co tema lede este enlace e facede as actividades que o acompañan. Non salgades desta páxina, só tendes que facer o que vos pon nela, xa que imos comezar cunha introducción a nutrición.

Estou preparando outras actividades e vídeos para que poidades seguir mellor o tema.

Calquera dúbida preguntademe.

Un saúdo e ánimo que seguro xa queda menos!!!

Comentarios