Construíndo ideas

 



    O alumnado de 1º e 2º da ESO realizou un proxecto na materia de Tecnoloxía e Dixitalización no que deseñou e construíu maquetas de casas e coches. Para iso, aplicaron a unidade de debuxo técnico mediante bosquexos previos, así como a unidade de materiais, empregando recursos como cartón, plástico e pintura. 
    O proxecto fomentou a creatividade, a planificación e o traballo práctico, dando como resultado unha exposición variada e orixinal.

Comentarios