VISITA Á EDAR DE SARRIA

 
 
Os alumnos de 2º da ESO visitaron as instalación da estación depuradora de augas residuais ( EDAR) de Sarria , o pasado luns 23 de Outubro. O xefe de servicio de Espina y Delfín de Sarria, Javier, foi o encargado de guiar esta visita, explicando todo o proceso e detalles do funcionamento da mesma. A visita realizouse como unha actividade da materia de Tecnoloxía. O obxectivo non era sólo coñecer todo o proceso da auga, dende que sale das nosas casas , ata que chega de novo o río , pasando pola depuradora, senón tamén inculcar medidas e pequenas actuacións que favorezan o aforro de auga e garanticen un bo funcionamento da rede de saneamento , así como evitar que leve sustancias que dificulten a súa depuración , como por exemplo, os restos de aceite usado.
 
 



Comentarios