8 de Marzo

Hoxe, as alumnas e alumnos de 3º de ESO traballaron na sesión de titoría diversos temas relacionados co Día Internacional da Muller Traballadora.

En primeiro lugar fixeron unha selección de novas na prensa escrita relacionadas co tema da situación da muller na sociedade.

Posteriormente, asistiron a exposición de paneis informativos levada a cabo polo concello de Sarria "Vivas e visibles", no Paseo do Malecón desta localidade.

 Grazas ós contidos desta exposición as alumnas e alumnos puideron reflexionar sobre a loita polos dereitos laborais, sociais, xurídicos e morais das mulleres ó longo de dous séculos. 
Posteriormente poñeranse en común, mediante traballo colaborativo, as impresións e conclusións sobre este tema.

Consideramos esta actividade de un altísimo valor pedagóxico, dado a importancia capital da loita pola xustiza e igualdade de oportunidades na sociedade actual, que ven levando a cabo distintos colectivos e administracións públicas.







Comentarios