Visita de 3º e 4º de ESO a Belesar-Monforte de Lemos

Os alumnos de 3º e 4º de ESO visitaron a central hidroeléctrica de Belesar. O persoal desta central explicou o funcionamento das instalacións e o proceso de producción eléctrica 
Ademáis accedimos ó edificio da central e tamén entramos no interior da presa poidendo observar de preto a zona das turbinas e alternadores que son movidos  pola augaxerando así electricidade 

Os alumnos visitaron posteriormente unha fábrica de maquinaria (Ramiro Vila S.L.) en Monforte de Lemos. Esta industria diseña e produce máquinas de precisión para diversas ramas industriais, o alumnado poido observar os diferentes procesos ata lograr fabricar estas maquinas. 

Podemos concluir que as dúas visitas foron moi interesantes, viron aplicados moitos dos conceptos aprendidos en electromagnetismo e producción de electricidadena Central Hidroeléctrica de Belesar. tamén ollaron de preto o proceso industrial en todos os seus pasos cunha visualización moi próxima e unha explicación moi axeitada por parte do persoal da empresa. 



Imaxe 

Comentarios