Explosión de ciencia no laboratorio con 2º ESO!

 


    

    Os alumnos e alumnas de 2º de ESO, baixaron ao laboratorio do colexio cun obxectivo claro: observar de primeira man como interactúa a materia. O experimento consistiu na clásica reacción química entre o bicarbonato de sodio (en estado sólido) e o vinagre (en estado líquido) para xerar dióxido de Carbono en estado gasoso. O máis espectacular foi ver o cambio de estado e como o gas liberado inflaba os globos rapidamente. Esto non ocorreu en todos os casos, pero aprendemos que dos erros tamén se saca proveito, axudándonos a comprender mellor como funcionan os reactivos e os productos.

Non vos perdades o vídeo desta xornada tan divertida como educativa!

Comentarios