Ondas Sísmicas e Discontinuidades 4º ESO

Nesta entrada poñereivos un video (neste non salgo eu) para completar o que estudastes no libro de Ondas Sísmicas e a súa importancia para coñecer a estrutura interna da Terra, neste caso para hallar as discontinuidades e o interpretar o modelo xeoquímico para as diferentes capas.

Tamén vos axudará o que estamos vendo e veremos de ondas en Física.
No caso das ondas sísmicas son ondas mecánicas que necesitan de un medio para transmitirse, e cando pasan dunha capa a outra se reflexan e se refractan (o pasar de un medio a outro varían a sua velocidade e tamén se desvían). Esto o estudamos nos sismógrafos e se sacan as discontinuidades e propiedades de cada capa. A súa densidade, composición, que o núcleo externo é líquido ao non poder atravesalo as ondas S etc..,  todo esto que a bon seguro xa vades estudando.






Comentarios