O día 26 de abril de 2017 dentro do programa "A
ponte entre o Ensino Medio e a USC", solicitado polo Departamento de
Orientación do centro, realizouse para o alumnado de 4º da ESO unha charla titulada
“Os Drones e a Xeomática”.
Para elo contamos coa
presenza de Jaime Rodríguez Pereña, profesor da Escola Politécnica Superior do
Campus Terra de Lugo-USC, que comentou que son os drones e o uso que se lles
pode dar, dende cartografía, topografía, evolución dos incendios forestais,
etc…, tamén comentou os estudos e aplicacións que abarca a Xeomática e outras
inxenierias, así como as diferentes saídas profesionais das mesmas.
De novo ratificamos o interese desta iniciativa de colaboración entre a Universidade de
Santiago de Compostela (USC) e centros de ensino, para mostrarlles ó alumnado
diferentes saídas académico-profesionais.
Comentarios
Publicar un comentario