O día 22 de marzo
de 2017 dentro do programa "A ponte entre o Ensino Medio e a USC", solicitado
polo Departamento de Orientación do centro, realizouse para o alumnado de 4º da
ESO unha charla titulada “A xeotecnia ou porqué (normalmente) non se caen as
estruturas”.
Para elo contamos coa presenza de Carlos Núñez Temes,
profesor da Universidade Politécnica Superior do Campus Terra de Lugo-USC, que
comentou diferentes maneiras de evitar escorregamentos de terras na construción
de infraestructuras como estradas ou túneles e tamén falou do asentamento de
construcións como pontes, torres etc….Observamos exemplos cómo o “afundimento”
da cidade de Mexico, a inclinación da Torre de Pisa ou a ampliación da Ponte de
Rande. O alumnado mostrouse moi atento, facendo preguntas de interese ó final
da charla.
Así mesmo ratificamos de novo o interese desta
iniciativa de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela (USC)
e centros de ensino, para mostrarlles ó alumnado diferentes saídas
académico-profesionais .
Comentarios
Publicar un comentario