O día 3 de marzo de 2017 dentro do programa "A
ponte entre o Ensino Medio e a USC", solicitado polo Departamento de
Orientación do centro, realizouse para o alumnado de 4º da ESO unha charla titulada
“Qué é un medicamento, como se descubre?".
Para elo contamos coa
presenza de Luis M. Botana, profesor do Departamento de Farmacoloxía da Facultade
de Veterinaria de Lugo, que comentou dende unha prespectiva histórica a
evolución dos medicamentos, dos seus principios activos e tamén cousas
relacionadas coa industria farmacéutica, ou a problemática actual e futura das
resistencias ós antibióticos. O alumnado mostrouse moi atento, facendo
preguntas de interese ó final da charla.
Así mesmo ratificamos o
interese desta iniciativa de colaboración entre a Universidade de Santiago de
Compostela (USC) e centros de ensino, para mostrarlles ó alumnado diferentes
saídas académico-profesionais .
Comentarios
Publicar un comentario