Os alumnos de 3º e 4º de ESO visitaron a central hidroeléctrica de Belesar. O persoal desta central explicou o funcionamento das instalacións e o proceso de producción eléctrica.
Ademáis accedimos ó edificio da central e tamén entramos no interior da presa poidendo observar de preto a zona das turbinas e alternadores que son movidos pola auga, xerando así electricidade.
Os alumnos visitaron posteriormente unha fábrica de maquinaria (Ramiro Vila S.L.) en Monforte de Lemos. Esta industria diseña e produce máquinas de precisión para diversas ramas industriais, o alumnado poido observar os diferentes procesos ata lograr fabricar estas maquinas.
Podemos concluir que as dúas visitas foron moi interesantes, viron aplicados moitos dos conceptos aprendidos en electromagnetismo e producción de electricidade, na Central Hidroeléctrica de Belesar. E tamén ollaron de preto o proceso industrial en todos os seus pasos cunha visualización moi próxima e unha explicación moi axeitada por parte do persoal da empresa.
Comentarios
Publicar un comentario