O día vinteoito de novembro,
os alumnos de 1º e 2º de ESO realizaron unha viaxe cultural a Ferrol.
A primeira parada que
fixemos foi na regasificadora Reganosa, onde en primeiro lugar tiveron unha
charla onde lles explicaron o traballo desta planta que almacena e
transforma gas natural licuado (GNL).
A continuación fixemos
unha visita polos exteriores da planta onde nos foron explicando os diferentes
usos dos elementos que a compoñen e os procesos que se seguen neles.
Despois desta visita desprazámonos
ao Museo Naval de Ferrol. Alí dividíronnos en dous grupos con un guía cada un
que nos explicaron entre outras cousas que o Museo Naval de Ferrol foi
inaugurado o 5 de marzo de 1986. Está ubicado dentro da base Naval de Ferrol,
no antigo Cuartel de Presidiarios. Entre os modelos conservados nas súas salas sobresae o da fragata Santa María Magdalena, de 34 canóns, botada en 1773 en Ferrol. O museo conserva máis de cen
pezas de artillería.
Dirixímonos, a
continuación, á xantar nun centro comercial.
Logo de descansar un rato
trasladámonos o centro de Ferrol onde fixemos unha actividade
que consistía en, divididos en grupos, facerse unha fotografía nalgún lugar destacado de Ferrol
(praza, monumento, edificio…) e que alguén da propia cidade lles explicase a
historia do mesmo.
Foi un día moi entretido onde o pasamos xenial!!!
Se queredes coñecer máis sobre o Museo Naval ou Reganosa premede nos enlaces que tendes a continuación que vos levarán as súas propias páxinas!
Fue una bonita excursión.la cual me parecio muy entretenido,lo que mas me gusto fue el Museo Naval de Ferrol.
ResponderEliminar