Onte celebramos o Día Internacional contra a violencia de xénero.
Os alumnos de ESO conmemoraron este día a través da expresión plástica e axudados pola súa creatividade.
Distribuídos por grupos, fixeron murais alusivos ao tema, para adornar os corredores e máis tarde participar no concurso que, como cada ano promove o Concello de Sarria.
Non poderemos mostrar as fotos ata que os murais sexan entregados para a fase de concurso, xa que non debemos dar pistas aos nosos contrincantes.
Moi bo traballo e moita participación. Noraboa a todos!
Bo facer e sixilo...por se acaso.
ResponderEliminar